Adestrador persoal, Samuel Fariña Cerviño volverá participar o vindeiro mes na Vuelta a Galicia 700, unha carreira en cinco etapas a prol dos enfermos de leucemia
nir á carreira e por relevos os sete hospitais de Galicia que rexistran doantes de medula ósea e repartir en cada un deles un cento de capas de superheroes aos seus pacientes de leucemia por «enseñarnos cómo se lucha ante la adversidad». Estas son as formas que visten a iniciativa Vuelta a Galicia 700… Sobre nuestros pasos. Rehaciendo caminos de vida que promove a Asociación Frangil. Unha acción repartida en cinco etapas encadeadas do 8 ao 12 de outubro cun poderoso obxectivo de fondo: promover o crecemento do número de doantes de medula ósea para, dese xeito, elevar as posibilidades de supervivencia de doentes coma Fran Gil, pai e irmán de David Gil, impulsor no 2009 da mencionada asociación tras falecer os seus dous achegados por leucemia.